[Galiza] Crónica da xornada de folga do 11O
Máis de 3500 estudantes na rúa nunha xornada histórica contra a reforma educativa que formula o goberno central e de rexeitamendo dos recortes en educación. Estas son as cifras que manexamos desde Liga Estudantil Galega nun día histórico no que se reivindicou un ensino público e de calidade. Máis de 2000 persoas en Santiago de Compostela, unhas 600 en Vigo e outras tantas en Ourense e unhas 100 en Pontevedra, Lugo e Coruña son datos suficientemente contundentes para afirmar, sen ningún xénero de dúbidas, que a convocatoria foi un éxito.
O estudantado galego censurou de xeito contundente as medidas que está a levar a cabo o Ministerio de Educación do Goberno do Estado e máis a Consellería da Xunta, encamiñadas como xa dixemos en multitude de ocasións, á mercantilización e elitización do ensino, creando de novo unha fractura entre os ricos e as maiorías sociais que cada día teñen máis dicífil o acceso a un ensino digno.
A xornada chegou precedida das polémicas declaracións do Ministro de Educación, José Ignacio Wert, que sinalou nas últimas horas que o seu obxectivo é “españolizar aos alumnos cataláns” afirmando despois que “se o de españolizar escandaliza é que se teñen problemas mentais”. Entendemos que estas declaracións do Ministro son inaceptábeis e que foron contundentemente responstadas na rúa, onde se pediu a súa demisión, ao igual que se denunciu a constante suba das taxas, o escaso financiamento universitario, o despedimento do profesorado, o aumento do ratio de alumnos por aulas, as partidas de subvencións a centros privados e un longo etcétera de medidas lesivas contra un servizo público tan esencial como o ensino.
A nota negativa da xornada foi a sucedida ás portas da Biblioteca Nodar en Ourense onde se produciu un forte forcexeo entre manifestantes e corpos policiais que rematou con varias persoas contusionadas, tendo unha delas que precisar atención médica.
FOTOS: http://ligaestudantilgalega.info/galeria-de-fotos-2/?album=4&gallery=38
VIDEO: http://ligaestudantilgalega.info/video-da-xornada-de-mobilizacion-11×12/
Publicado el octubre 19, 2012 en Galiza, Noticias Locales y etiquetado en cronica folga estudantil 11 outubro. Guarda el enlace permanente. Deja un comentario.
Deja un comentario
Comments 0