Archivo de la categoría: Galiza

[Galiza] Crónica da xornada de folga do 11O

Máis de 3500 estudantes na rúa nunha xornada histórica contra a reforma educativa que formula o goberno central e de rexeitamendo dos recortes en educación. Estas son as cifras que manexamos desde Liga Estudantil Galega nun día histórico no que se reivindicou un ensino público e de calidade. Máis de 2000 persoas en Santiago de Compostela, unhas 600 en Vigo e outras tantas en Ourense e unhas 100 en Pontevedra, Lugo e Coruña son datos suficientemente contundentes para afirmar, sen ningún xénero de dúbidas, que a convocatoria foi un éxito.

O estudantado galego censurou de xeito contundente as medidas que está a levar a cabo o Ministerio de Educación do Goberno do Estado e máis a Consellería da Xunta, encamiñadas como xa dixemos en multitude de ocasións, á mercantilización e elitización do ensino, creando de novo unha fractura entre os ricos e as maiorías sociais que cada día teñen máis dicífil o acceso a un ensino digno.

A xornada chegou precedida das polémicas declaracións do Ministro de Educación, José Ignacio Wert, que sinalou nas últimas horas que o seu obxectivo é “españolizar aos alumnos cataláns” afirmando despois que “se o de españolizar escandaliza é que se teñen problemas mentais”. Entendemos que estas declaracións do Ministro son inaceptábeis e que foron contundentemente responstadas na rúa, onde se pediu a súa demisión, ao igual que se denunciu a constante suba das taxas, o escaso financiamento universitario, o despedimento do profesorado, o aumento do ratio de alumnos por aulas, as partidas de subvencións a centros privados e un longo etcétera de medidas lesivas contra un servizo público tan esencial como o ensino.

A nota negativa da xornada foi a sucedida ás portas da Biblioteca Nodar en Ourense onde se produciu un forte forcexeo entre manifestantes e corpos policiais que rematou con varias persoas contusionadas, tendo unha delas que precisar atención médica.


FOTOS: http://ligaestudantilgalega.info/galeria-de-fotos-2/?album=4&gallery=38
VIDEO: http://ligaestudantilgalega.info/video-da-xornada-de-mobilizacion-11×12/

[Galiza] Apoios á Xornada internacional de loita estudantil

A ofensiva do Partido Popular en contra dos nosos dereitos fai necesario, máis ca nunca, que as organizacións nacionalistas traballemos xuntas para combater eses ataques xa que, alén das diferenzas, o noso obxectivo é común.

Con estas verbas, a Confederación Intersindical Galega (CIG) amosa o seu apoio á Xornada internacional de loita estudantil do 11 de outubro e á folga convocada para esa data.

Ademais do apoio por parte do sindicato de traballadoras maioritario da Galiza, tamén mafinestaron o seu apoio as seguintes organizacións xuvenís: Adiante, Briga, Galiza Nova, Isca! e Mocidade Irmandinha.

[Galiza] 11 de outubro folga estudantil, todas e todos á rúa!

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

[Galiza] Palestra: Como nos afectan os recortes?

O pasado mércores 26 de setembro, a Liga Estudantil Galega organizou na Facultade de Económicas do campus de Santiago de Compostela unha palestra co profesor Gonzalo Rodríguez para tratar o impacto social que teñen os recortes aplicados tanto dende o goberno central como dende a Xunta.

[Galiza] Contra os novos recortes propostos por Wert

O pasado 13 de setembro saia en todos os medios a nova proposta educativa do noso benquerido ministro de educación, José Ignacio Wert: unha serie de medidas que non poden designarse máis que de contrarreforma e de imposición ideolóxica, á medida do Partido Popular. No día de hoxe, o Consello de Ministros acaba de aprobar o anteproxecto desta reforma educativa.

Esta proposta é un novo intento de restar competencias ás autonomías, xa que ata o 75% dos contidos das materias virán impostos dende o goberno central. Dende a Liga Estudantil Galega opómonos a esta medida, posto que defendemos unha educación galega ao servizo do noso país, que teñan uns contidos que se adecúen a nosa realidade e permitan formar estudantes que melloren a nosa sociedade, non o que decidan dende Madrid ministros que nin coñecen a nosa historia nin as nosas problemáticas concretas.

Lee el resto de esta entrada

[Galiza] Avanza a suma de forzas cara ao 11×12

O chamamento á folga xeral no ensino conseguiu recentemente máis unha organización estudantil entre as convocantes: os Comités Abertos. Esta adhesión prodúcese como froito do inevitábel entendemento entre o estudantado organizado que aposta pola liberación nacional e social do noso país. Conquírese pois a necesaria unidade de acción frente aos recortes por parte da totalidade de organizacións estudantís con carácter nacional do noso país: Agir, Comités e Liga Estudantil Galega.

 

Avante coa folga estudantil!

O 11 de outubro di non ás reformas!